domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsActualidadeAbre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis” na Biblioteca de Tui

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis” na Biblioteca de Tui

Pode visitarse en Tui ata o 8 de xuño

Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o vindeiro 8 de xuño a exposición itinerante “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber que eran fantásticos”. Esta mostra pódese visitar na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio “Francisco Sánchez”).


O obxectivo da exposición é promocionar a literatura dos xéneros fantásticos (fantasía, terror, ciencia ficción) entre o público lector que non adoita achegarse a estes xéneros`. Relaciona dez obras clásicas, sobradamente coñecidas e escollidas polo seu compoñente fantástico, con dous libros menos populares entre o público xeral, pero moi apreciados polos afeccionados á esta literatura de xénero.


A exposición foi cofinanciada pola asociación Pórtico (Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción y Terror) e a fundación Marli Brosgen. Está comisariada por Laura Soriano (deseño e ilustracións), Rodolfo Martínez (selección de obras), Consuelo Abellán e Juan Manuel Santiago (selección de obras e redacción dos textos).


Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, esta exposición itinerante pretende aproximar ao lectores e aos interesados pola lectura a un xénero literario baseado na fantasía e que vai máis aló dos relatos de ciencia ficción ou os dragóns, e que nos achega a obras clásicas da literatura cheas de mundos incribles. Unha acción para o fomento da lectura entre a veciñanza tudense como as outras doce actividades que completan o programa “Tui en Letras 2024”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES