miércoles, noviembre 13, 2024
InicioConcellos +A CañizaO Concello de A Cañiza arranxa 14 tramos de pistas municipais en...

O Concello de A Cañiza arranxa 14 tramos de pistas municipais en 5 parroquias

O acondicionamento destas pistas forma parte do proxecto de “Mellora de camiños municipais nas parroquias de Petán, Achas, Parada, A Cañiza e Valeixe”, enmarcadas dentro das axudas da Liña 1 do anterior Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra e subvencionadas con 235.075,21€ .

Segundo explicou esta mañá o Alcalde Luis Piña  “o investimento da execución material destas obras de mellora ascendeu a 156.675,03€ aos que houbo que engadir o 13% de gastos xerais (20.367,75€) e o 6% de beneficio industrial ( 9.400,50€). A estas cantidades tamén se sumou o 21% de IVE, resultando un total de 225.596,37€, ademáis dos gastos de redacción do proxecto (5.687,30€) e os costes da dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde ( 3.791,54€).”

A cantidade final de 235.075,21€, foi rebaixada ata 210.165,58€ pola empresa ‘CONSTRUCCIONES FECHI’, que resultou adxudicataria do contrato.

Os costes das obras de mellora dos camiños de Valeixe que hoxe visitou o Alcalde ascenderon a un total de 61.944,83€, máis a parte proporcional da redacción do proxecto e da dirección de obra. Destas cantidades a pista da Ascensión á Miranda costou un total de 24.196,08€, a de Tallós 16.699,96€, a da Miñoteira 11.649,34€ e a das Barrancas un total de 9.399,43€.

As obras contaron con todas as autorizacións sectoriais favorables, tanto do Servizo de Infraestruturas e Viais Provinciais da Deputación de Pontevedra ao verse afectados 100m do vial da EP5003 no camiño das Barrancas e tamén da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia ao desenvolverse as obras de mellora do camiño entre a Ascensión e A Miranda en zona de protección na contorna da Capela da Ascensión, catalogada por Patrimonio.

O Alcalde visitou esta mañá as obras de mellora destes 4 camiños de Valeixe que presentaban importantes deterioros sobre todo polos problemas coas raíces das árbores próximas, como no caso do camiño de Tallós. Nesta zona demoleuse o firme en 258 metros para eliminar as raíces e volveuse a pavimentar con mestura bituminosa en quente.

No camiño de As Barrancas mellorouse a rede de drenaxe en 93 metros, executando un tramo de cuneta revestido de formigón para dar saída ás augas superficiais evitando así que se deteriore o firme tan rápidamente.

No Camiño da Miñoteira achandáronse e regularizáronse 167 m de camiño antes de pavimentar e no camiño da Ascensión  – A Miranda acondicionouse e pavimentouse a pista que estaba en terra nunha lonxitude de 427 metros, ademáis de preparar cunetas e drenar a pista.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS