domingo, mayo 19, 2024
InicioOcio e deporteGastronomía80 Estrelas Michelín xuntas en Galicia

80 Estrelas Michelín xuntas en Galicia

Preto de 40 cociñeiros de toda España participarán no evento gastronómico e solidario "Estrelas no Camiño de Santiago", que se celebrará o vindeiro10 de xuño co apoio da Xunta de Galicia.

Xosé Merelles salientou, durante a presentación da décima edición deste evento, o bo momento que este atravesa, que, “ano a ano está a ser quen de aumentar o número de participantes e consolidarse como unha cita imprescindible para a gastronomía galega”.

O evento gastronómico solidario será na Finca Casa Barqueiro en Gonte, Negreira, onde se presentarán novidades en produtos gastronómicos e enolóxicos na feira que os asistentes poderán gozar dun menú tipo cóctel e de estacións gastronómicas con showcooking nunha tarde de música e animación.

As persoas interesadas en acudir poden adquirir as súas entradas e obter información en www.estrelasnocamino.es.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES