O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, atópase no centro dunha polémica despois de que unha axente da Policía Local presentase unha denuncia xudicial contra el por inxurias e insultos. Os feitos sucederon a finais do pasado mes de maio na localidade de Mera, cando o rexidor comprobou que o seu automóbil particular non se atopaba na zona onde o deixara estacionado tras finalizar un acto público.
A controversia iniciouse cando a esposa do alcalde contactou coa centralita policial para indagar sobre o paradoiro do turismo. Tras unha conversación na que se informou que o vehículo fora retirado pola grúa municipal por estar mal aparcado —ao igual ca outros tres automóbiles esa mesma tarde—, o propio García Seoane interveu na chamada telefónica nun ton visiblemente alterado. Reclamando prioridade e a devolución inmediata do coche, o regidor profiriu insultos directos contra a funcionaria que se atopaba de garda atendenndo o servizo.
Minutos despois do incidente telefónico, a mesma axente recibiu unha chamada da tenente de alcalde e concelleira de Seguridade Cidadá, María José Varela, mentres unha patrulla se desprazaba para trasladar ao rexidor ata o lugar onde se atopaba o seu vehículo. Desde o corpo policial sinalaron que este tipo de reaccións e tensións protagonizadas polo alcalde xa se rexistrasen en ocasións anteriores, mentres que desde o gabinete de alcaldía se evitou de momento ofrecer unha versión oficial sobre o suceso.
A repercusión do caso non tardou en trasladarse ao ámbito político municipal. O Partido Popular de Oleiros exixiu a dimisión inmediata de Ángel García Seoane e da concelleira responsable de Seguridade Cidadá, considerando intolerable a actitude amosada polo primeiro edil cara aos empregados públicos municipais no exercicio das súas funcións.
Fonte: La Voz de Galicia.

