jueves, mayo 9, 2024
InicioNewsComarcasMos reparte 200 quilos de azucre para loitar contra a velutina

Mos reparte 200 quilos de azucre para loitar contra a velutina

O material empregarase nas 400 trampas repartidas polo Concello entre apicultores e colaboradores mosenses

Un grupo de apicultores e colaboradores da campaña STOP Velutinas achegouse ata o Concello para recoller a súa parte correspondente de azucre para trampas dos 200 quilos deste material que a cooperativa azucreira Acor doou á administración local mosense.

Recolleron tanto azucre como trampas de mans da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, que agredeceron “a Acor ter colaborado desinteresadamente coa campaña municipal medioambiental STOP Velutinas enmarcada no programa CoidaMos; así como á empresa de transporte mosense, Freimar, que se prestou de xeito altruísta a recoller o azucre en Olmedo, na provincia de Valladolid, e traelo ata Mos”.

Este é o momento ideal para o reparto das trampas entre os colaboradores, por ser o intre crucial para instalalas co obxectivo de matar ás raíñas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES