miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Salceda reúnese coa Xunta na procura de cofinanciamento para...

O Concello de Salceda reúnese coa Xunta na procura de cofinanciamento para o Penedo Redondo

Precísase substituír o céspede deste campo de fútbol

A federación Galega de Fútbol fixo entrega do proxecto ao Concello, valorando as obras nun
total de 233.930,92€. O Concello busca agora vías de cofinanciamento, con intención de incluír parte do proxecto no Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra e completar o investimento coa aportación que poida facer a Xunta de Galicia. Para elo, a alcaldesa Loli Castiñeira e o concelleiro de deportes Marcos Troncoso, mantiveron unha xuntanza co Secretario Xeral para o Deporte en Galicia, José Ramón Lete Lasa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES