lunes, abril 29, 2024
InicioNewsComarcasFalece un home en Ponteareas tras caerlle unha árbore enriba

Falece un home en Ponteareas tras caerlle unha árbore enriba

Estaba en compañía dun amigo cortando árbores nunha leira da súa propiedade na parroquia de Xinzo

Faltaban apenas uns minutos para as nove desta mañá cando o 112 Galicia recibiu un aviso por un home inconsciente na Barreira, en Ponteareas. Segundo explicou o alertador, foi golpeado por unha árbore que estaba cortando nunha leira situada na parroquia ponteareana de Xinzo.

Engadiu que non lle respondía e precisaba asistencia sanitaria urxente. Así pois, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación ao punto a bordo do helicóptero con base en Ourense. Sen embargo, todos os esforzos foron inútiles, pois o home resultou falecido.

Ademais dos sanitarios, neste operativo interviñeron os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de recoller toda información sobre o que acontecera.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES