miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsComarcasMos será epicentro internacional do CrossTraining

Mos será epicentro internacional do CrossTraining

O II Molis Legend reunirá esta fin de semana a 400 atletas chegados de España e Portugal

A competición, distribuída en sete categorías diferentes, celebrarase os días 23 e 24 de marzo no pavillón Óscar Pereiro. O evento deportivo contará con zona shopping, zona outdoor e zona FoodTrucks.
Dende a organización, que corre a cargo do ximnasio mosense Molis Box, prevén a asistencia dun milleiro de persoas, contando atletas, xuíces, equipo de Molis Legend e público.
O nome da competición fai referencia a Mos, xa que Terra de Molis no século XII facía referencia á zona e a rosa do logo é a que se atopa nos escudo e bandeira do Concello.

No acto de presentación estiveron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Luisa Sánchez, vicepresidenta segunda da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes; Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do ximnasio Molis Box e organizador do evento, e Feli Rodríguez, concelleira de Deportes

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES