jueves, mayo 9, 2024
InicioNewsComarcasPorriño reinaugura a súa praza de abastos

Porriño reinaugura a súa praza de abastos

Tras un mes pechada por obras de mellora, abriu as súas portas este martes

Unha vez completados os traballos da primeira fase da mellora, que incluíron a renovación do pavimento, instalación de fontanería e eléctrica e reparación dos danos que presentaba a estructura, os praceiros e praceiras atenderon de novo aos centos de usuarios que hoxe pasaron polo mercado municipal para facer as súas comprar e coñecer as melloras.

«A nosa Praza de Abastos comeza a dar ese salto de calidade que necesitaba para ser o centro neurálxico do comercio. Estamos máis cerca de conseguir o selo de Mercado Excelente de Galicia e de que a praza sexa de novo o foco de dinamización económica que foi antano: temos os mellores produtos, temos os mellores praceiros/as e xa temos as mellores instalacións», sinalou o alcalde Alejandro Lorenzo.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Mercados, Antía Carrera, acompañaron á conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, que hoxe se uníu á inauguración. Con eles estiveron a xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, así como concelleiros e concelleiras do goberno local.


ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES