lunes, abril 29, 2024
InicioNewsComarcasEn marcha a reforma integral do centro de saúde de Crecente

En marcha a reforma integral do centro de saúde de Crecente

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, acompañados polo alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, visitaron os traballos que contan cun investimento de preto de 100.000 euros

A obra que xa está iniciada supón a reparación das fachadas, incluídos os zócalos e carpinterías, así como a substitución dos cristais danados. Tamén se actuará sobre a cuberta do edificio reparando o seu illamento e impermeabilización e renovando o sistema de evacuación de augas pluviais. Por outra parte, no interior do edificio, repararanse as humidades e os falsos teitos mentres que no ámbito das instalacións revisarase toda a instalación eléctrica con relevo de luminarias e todo o sistema de climatización, con revisión e cambio dos elementos precisos de calefacción.

O goberno galego cumpre así co compromiso adquirido co concello de Crecente, que solicitara esta actuación. A empresa que resultou adxudicataria da obra, Edigrup Global, dispón dun prazo de execución de dous meses para rematar estes traballos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES