jueves, mayo 9, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoIsabel Blanco e Fillas de Cassandra encabezan o cartel das Festas de...

Isabel Blanco e Fillas de Cassandra encabezan o cartel das Festas de San Telmo

O Concello de Tui presentou este venres toda a programación que abrangue dende o vindeiro sábado, 30 de marzo, ata o luns 8 de abril.

O pregón da actriz Isabel Blanco abrirá o programa festivo o sábado 30 ás 12.45 horas na praza da Inmaculada. Nesa mesma xornada Fillas de Cassandra ofrecerán un concerto, á media noite, no Recinto Feiral.

Unha morea de actuacións musicais, concertos e verbenas, espectáculos infantís, teatro e gastronomía durante 10 días de festa, que rematarán coa solemne procesión de San Telmo que percorrerá as rúas de Tui e coa tirada de fogos piromusicais.

Coñece toda a programación aquí:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES