lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsActualidadeO GDR Condado Paradanta salienta o papel das mulleres como motor económico...

O GDR Condado Paradanta salienta o papel das mulleres como motor económico e social

Consciente da necesidade de reinvindicar o importante papel que sempre desempeñou a muller no mundo rural o GDR Condado Paradanta contempla na súa estratexia de desenvolvemento “Reverdecendo Condado Paradanta” o apoio de iniciativas que visibilicen ás mulleres e dos proxectos que promovan a súa participación e inserción laboral.

Jana, Lorena, Loli e Inma son empoderamento, acción e aposta polo rural. Estas catro mulleres son o exemplo de outras moitas que, día tras día, viven no rural; crian aos fillos nas aldeas e deseñan o seu ámbito laboral nalgunha parroquia do Condado Paradanta.

Elas decidiron que o ODS 5: “acadar a igualdade de xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas” saíra do papel e se materializara nunha aposta firme polo autoemprego e polo territorio. Todas elas atopan no Condado Paradanta inspiración e os principios dunha filosofía que queren vivir: tranquilidade e calidade de vida cadrando coa estratexia do GDR na importancia de conservar e coñecer os recursos naturais para activalos dun xeito sostible e en harmonía co medio ambiente.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES