lunes, mayo 20, 2024
InicioActualidadeCulturaO Festival de Cans bate récord de obras inscritas a concurso, 261

O Festival de Cans bate récord de obras inscritas a concurso, 261

Recibiron 261 pezas, o que supón un 13% de incremento de participación respecto a 2023

A marca anterior máis alta acadárase en 2019, con 255. Para esta vixésimo primeira edición, que se celebrará do 21 ao 25 de maio nesta parroquia do Porriño, chegaron curtas de toda Galicia, de diversas cidades de España e procedentes de ata oito países diferentes, como Francia ou Bélxica en Europa ou Arxentina e Venezuela en América.
Por categorías, divídense en 50 Non Ficción, 37 Novas Camadas (cineastas menores de 25 anos), 55 Ficción, 85 Vídeo clips, 15 Animación e 19 no aparto de outras obras, entre as que están longametraxes, documentais e webseries.
O equipo do festival está a traballar agora no proceso de selección do que sairá o número limitado de obras que participarán nas diversas categorías da competición oficial. As elixidas poderán optar a algúns dos premios que todos xuntos suman 12.000 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES