jueves, mayo 9, 2024
InicioO PaísA CoruñaUnha muller de 98 anos falece e tres persoas son rescatadas no...

Unha muller de 98 anos falece e tres persoas son rescatadas no incendio dunha vivenda en Bergondo

Todo aconteceu nunha vivenda unifamiliar situada na Aldea de Arriba, neste concello coruñés, a primeira hora deste mércores

As persoas afectadas chamaron ao 112 Galicia un minutos despois das oito da mañá. Expuxeron unha situación crítica, cunha persoa enferma no interior da casa e outras tres, dous adultos e unha menor, na procura dun acubillo.
Decidiron subir ao tellado da vivenda e alí esperar a chegada dos bombeiros, tal e como explicaron nunha segunda comunicación ao 112 Galicia. De alí, da cuberta superior da casa, foron rescatados e postos a salvo á espera da asistencia médica. Finalmente, resultaron ilesos.
Pola contra, os equipos de emerxencias atoparon no interior do inmoble, a unha cuarta ocupante xa sen vida, unha muller de 98 anos.

Ademais dos Bombeiros de Betanzos, acudiron ao lugar os voluntarios de Protección Civil da localidade, axentes da Garda Civil, catro ambulancias e persoal sanitario

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES