lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta acudirá á xustiza para que o goberno central reclame os...

A Xunta acudirá á xustiza para que o goberno central reclame os fondos que gastou Galicia na xestión Toconao

O Executivo galego adoptará esta medida se se mantén o inmobilismo da Administración central e non atende a petición remitida o pasado 19 de xaneiro de que iniciase o procedemento de exixencia de responsabilidades por este episodio

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ánxeles Vázquez detalla que o dispositivo despregado polo Goberno autonómico nos últimos dous meses actuou en máis de 630 praias de 66 concellos e permitiu recoller uns 3.650 quilos de granulados plásticos e máis de 20.200 quilos doutros residuos:

Vázquez sinala que a contratación extraordinaria de persoal para realizar ese labor supuxo un gasto de preto de 2,4 millóns de euros, aos que haberá que sumar os custos excepcionais nos que incorreron os distintos departamentos da Xunta para facer fronte a esta emerxencia:

Tamén expresou a súa sorpresa coa decisión do Goberno central de declarar Galicia, Asturias e Cantabria como zona catastrófica polo incidente do Toconao meses despois de que se producise e incluíndoa con outras moitas que mesmo se remontan aos incendios do ano 2022:

Pola súa parte, o conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, pon en valor a xestión coordinada e transparente realizada polo Executivo galego fronte á inacción do Goberno central:

Estas actuacións irresponsables, lamentou, danaron o prestixio dos produtos pesqueiros da comunidade polo que a Xunta, en colaboración co propio sector, lanzou a campaña AMAR GALICIA.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES