jueves, mayo 2, 2024
InicioConcellos +As NevesA Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón das Neves

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón das Neves

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e do alcalde José Manuel Alfonso, visitou As Neves para comprobar os traballos realizados nesta instalación deportiva que contou cunha achega de 140.000 euros por parte da Xunta

A mellora visitada forma parte do conxunto de actuacións impulsadas polo concello das Neves en 2023 que contaron co apoio da Xunta a través das distintas liñas de axudas ás administracións locais. Así, o pasado ano esta localidade recibiu tamén case 62.600 euros para a renovación de alumeado exterior ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. “Estes son só os exemplos máis recentes dos froitos da colaboración do Goberno galego co concello das Neves a través das liñas de apoio ao eido local, que se traduce nos últimos anos en case un millón de euros”, apuntou Natalia Prieto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES