sábado, diciembre 7, 2024
InicioA terraA nosa culturaA mocidade porriñesa rende tributo a Rosalía de Castro

A mocidade porriñesa rende tributo a Rosalía de Castro

Alumnado dos institutos Pino Manso e Ribeira do Louro e dos colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga do Porriño leron cadanseu manifesto na xornada na que se conmemora o nacemento desta referente da literatura galega.

No acto organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de secundaria, en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística o, cada centro destacou a importancia desta autora e de conmemorar o 23 de febreiro, día de nacemento da escritora. Para rematar, de maneira unánime, fixeron unha petición ao Concello do Porriño: que a Biblioteca Municipal leve o nome de Rosalía de Castro.
A festa continuou coas actuacións de Laura, o cantautor Antón Ke e os recitais poéticos; a presentación da campaña “Aquí tamén se fala galego” e finalizou desfrutando todos xuntos dun caldo quentiño de gloria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS