sábado, julio 27, 2024
InicioNewsSucesosInvestigado un barcelonés por un presunto delito de estafa en Sanxenxo

Investigado un barcelonés por un presunto delito de estafa en Sanxenxo

Foi o pasado 19 de decembro cando unha veciña de Sanxenxo acudiu á Garda Civil para denunciar un suposto delito de estafa. Iniciara unha conversa a través de TikTok cunha persoa para adquirir entradas para o concerto de Karol G o vindeiro 22 de xullo en Madrid.
Merca dúas entradas por un importe de 700 euros, inicialmente realiza unha transferencia bancaria de 200 euros e a continuación un bizum de 500 euros.
Unha vez realizado os pagos, a persoa que llas vende, autor do ilícito penal, bloquea a denunciante, polo que non pode falar nin tampouco lle envía as entradas por correo electrónico como acordaran.
O Equipo de Investigación da Garda Civil de Sanxenxo realiza diversas xestións encamiñadas á localización do autor do ilícito penal denunciado.
Compróbase que a conta á que se transferiu o diñeiro pertence a unha entidade bancaria de Barcelona e establécese o operativo necesario para comprobar que persoa retira os cartos das transferencias.
O pasado 18 de febreiro, no Posto da Garda Civil de Canovellas (Barcelona) procédese a investigar a un varón de 33 anos, con diversos antecedentes policiais por feitos similares, como autor dun delito de estafa.
As dilixencias son presentadas no Xulgado de Garda de Cambados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES