jueves, mayo 16, 2024
InicioNewsActualidadeHoxe, único debate a cinco na carreira ao 18F

Hoxe, único debate a cinco na carreira ao 18F

Será a partir das 21.30 horas na CRTVG

A CRTVG ofrece esta noite, a partir das 21.30 horas, o único debate electoral no que participarán os cinco candidatos á Xunta de Galicia: Alfonso Rueda (PP), Ana Pontón (BNG), José Ramón Gómez Besteiro (PSOE), Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos). Con tal motivo, todos eles alixeiraron a súa axenda pública de campaña, centrándose na preparación do debate cos seus círculos de confianza.

O debate poderase seguir a través das dúas canles da TVG (na G2 con intérprete de LSE), a Radio Galega e os medios dixitais da CRTVG.

O candidato do Partido Popular á reelección como presidente da Xunta, Alfonso Rueda, será o encargado tanto de abrir como de pechar o debate que se distribuirá en tres bloques temáticos: políticas económicas e orzamentarias, políticas sociais e modelo institucional e pactos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES