sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoDetido un veciño de Redondela por un presunto delito de violencia de...

Detido un veciño de Redondela por un presunto delito de violencia de xénero

O home tamén está investigado pola Policía Local por dous presuntos delitos contra a seguridade viaria

Unha discusión entre unha parella na praia de Cesantes, na tarde de onte domingo, levou a varios veciños que paseaban pola zona a alertar ás forzas de seguridade. Antes da chegada dos axentes a parella abandonou o lugar nun turismo que se saíu da vía provocando danos no mobiliario urbano e o condutor deuse á fuga.

Segundo indican fontes municipais, axentes da Policía Local falaron coa muller, quen lles confirmou que mantivera unha discusión coa súa parella e que fora agredida. O home foi localizado polos axentes nas proximidades agochado nunha veiga e detido.

Ante os síntomas de atoparse en estado de embriaguez foi sometido ás probas de alcoholemia cun resultado positivo de 0.79 e 0.81mg/l. Ao non ter permiso de conducir en vigor tamén está investigado por dous presuntos delitos cotra a seguridade viaria.

Na intervención tamén participou a Policía Nacional, que se fixo cargo do traslado do detido ao centro médico e posteriormente a comisaría

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS