viernes, mayo 3, 2024
InicioActualidadeCulturaKandinski, Picassó, Miró e Castelao protagonistas no Museo de Pontevedra

Kandinski, Picassó, Miró e Castelao protagonistas no Museo de Pontevedra

Dez proxectos expositivos mostraranse nos edificios Castelao e Sarmiento nos vindeiros meses

A programación do Museo de Pontevedra para o ano 2024 foi presentada este mércores polo vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve. Dez proxectos expositivos mostraranse nos edificios Castelao e Sarmiento nos vindeiros meses, arrancando en marzo cunha retrospectiva de Berta Cáccamo e unha mostra fotográfica sobre o retorno a Galicia hai 40 anos dos restos mortais de Castelao. No verán, chegará a exposición central deste ano: ‘A Era das Fábulas’ vinculará os fondos do Museo de Pontevedra coa colección de arte María José Jove e outras coleccións privadas, con grandes nomes da arte dos séculos XX e XXI. Son só algunhas das citas destacadas dunha programación que inclúe tamén un calendario de xornadas e seminarios que cobre todo o ano e unha proposta de actividades didácticas e de acción cultural dirixida a todo tipo de públicos.

Consulta a programación para este ano 2024

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES