martes, mayo 7, 2024
InicioNewsComarcasTres detidos por roubar calzado e roupa en tendas de Nigrán

Tres detidos por roubar calzado e roupa en tendas de Nigrán

A Garda Civil detivo a tres persoas como presuntas autoras de cinco delitos de furto e investiga a unha cuarta.
Dende mediados de novembro reciben no cuartel de Baiona diferentes denuncias por furtos en distintos establecementos de Nigrán, en concreto cinco delitos de furto de calzado e roupa que alcanzan un valor duns 2.250 euros.
Iníciase unha investigación e, despois de diferentes xestións, conséguese a identificación das presuntas autoras.
O pasado día 5 de xaneiro, tras un seguimento, intercéptanse in fraganti cometendo o último furto, conseguindo recuperar parte da mercancía valorada nuns 900 euros.
Todas elas son veciñas de Poio, de idades entre 38 e 40 anos e con antecedentes anteriores por feitos similares.
Una vez tomada declaración, foron postas en liberdade en sede policial e as dilixencias remitidas ao Xulgado número sete de Vigo, onde terán que comparecer cando sexan requiridas para elo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES