domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsActualidadeTres son as coalicións que se presentan as eleccións galegas

Tres son as coalicións que se presentan as eleccións galegas

Podemos Galicia, Sumar Galicia e Espazo Común Galeguista son as tres coalicións presentadas e admitidas pola Xunta Electoral de Galicia. Todas elas agrupacións de partidos de esquerdas que concorrerán ao comicios do vindeiro 18 de febreiro.

Podemos Galicia está integrada por Podemos e a Alianza Verde e ten como candidata a Isabel Faraldo, exconcelleira coruñesa.

Movemento Sumar Galicia (MSG), Izquierda Unida-Esquerda Unida (EU) e Verdes Equo (Equo) conforman outra das coalicións, baixo o nome de Sumar Galicia coa aínda deputada no Congreso, Marta Lois, como candidata á Presidencia da Xunta.

A terceira unión de partidos, Espazo Común Galeguista (ECG), foi promovida polo exsecretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez. Así, ademais da formación do exsocialista, Espazo Común (ESCO) figuran tamén Unidade Local, Coalición Galega (Coaga) e Galicia Sempre (Ga.S).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES