lunes, mayo 20, 2024
InicioA terraA nosa cultura15 rondallas compiten o domingo en Vigo

15 rondallas compiten o domingo en Vigo

Celébrase no IFEVI, a partir das 17.00 horas, o VI Concurso de Rondallas organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra

O IFEVI acolle este domingo, 14 de xaneiro, a sexta edición do Concurso de Rondallas organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

O recinto feiral abrirá as súas portas para recibir aos máis de 1200 rondalleiros que participarán nesta tradicional mostra. Serán un total de 15 agrupacións da zona sur de Pontevedra as que actuarán e o farán na seguinte orde:

VI CONCURSO RONDALLAS IFEVI
14 Xaneiro do 2024
ORDEN ACTUACIONHORA PREVISTARONDALLACONCELLO
117:00Rondalla O MOSTEIRO PEXEGUEIROTUI
217:15Rondalla de BEADEVIGO
317:30Rondalla de PONTELLASPORRIÑO
417:45Rondalla de VALLADARESVIGO
518:00Rondalla O GALIÑEIRO DE VINCIOSGONDOMAR
618:15Rondalla SANTA EULALIA DE MOSMOS
718:30Rondalla CLUB SANTIAGUIÑO DE GUIZANMOS
818:45Rondalla de HERVILLEMOS
919:00Rondalla de TORROSOMOS
1019:15Rondalla de SAN MAMEDE DE ZAMANSVIGO
1119:30Rondalla de FREIXOVIGO
1219:45Rondalla HELIOS DE BEMBRIVEVIGO
1320:00Rondalla SANTA EULALIA DE ATIOSPORRIÑO
1420:15Rondalla SANTIAGO DE PARADA NIGRANNIGRAN
1520:30Rondalla A MERCED DE CHAINGONDOMAR

Este ano, a diferencia do ano anterior, recuperase o formato de concurso outorgándose cinco primeiros premios para ambas agrupacións, conxunto de abandeirados e rondallas.

A rondalla gañadora percibirá un premio de 900 euros e volverá a repetir a súa actuación o final do acto. O conxunto de abandeirados que quede no primeiro posto percibirá un premio económico de 500 euros. Dende a organización lembran que as entradas están á venda ao prezo simbólico de 3 euros

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES