jueves, mayo 9, 2024
InicioNewsO PaísExpostas as 11 toneladas de cocaína incautadas en Galicia e Valencia

Expostas as 11 toneladas de cocaína incautadas en Galicia e Valencia

As once toneladas de droga expostas no complexo policial de Canillas, en Madrid, proceden de dúas operacións independentes en Valencia e Galicia, pero con moitos puntos en común; ambas foron introducidas por portos.

A Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional e a sección de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria decidiron amosar os fardos de droga.

A droga entrou en contedores comerciais doutros produtos. O alixo de Galicia foi incautado a semana pasada nun almacén frigorífico de Cambre despois de pasar polos portos de Alxeciras e Vigo.

O Comisario xefe da UDYCO, Antonio Martínez Duarte, destaca que foi a maior aprensión de cocaína dunha soa vez en Galicia, 7.500 toneladas coa detención de cinco persoas. En Valencia foron 15 detidos e 3.500 toneladas de cocaína.

Estas cantidades so as poden traficar os grupos albaneses, que se caracterizan polo envío de máis de tres toneladas sempre.

Os grupos criminais do chamado cártel dos Balcáns, que dominan o tráfico de droga por vía marítima, transpórtana camuflada en fletes de todo tipo de mercadorías. Para o seu transporte alteran a estrutura dos contedores creando dobres fondos.

Din que estas organizacións criminais do centro e o leste de Europa están substituíndo os vellos cárteles de México ou Colombia, controlando o transporte e a distribución de orixe a destino.

A investigación segue aberta e baixo segredo de sumario, pero para os responsables policiais non caben moitas dúbidas sobre os niveis de implicación dos empresarios detidos.

Comisario xefe da UDYCO:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES