martes, mayo 21, 2024
InicioNewsFalece o conductor dun turismo ao saírse da vía en Tomiño

Falece o conductor dun turismo ao saírse da vía en Tomiño

Falece o condutor dun turismo que caiu por un desnivel cando circulaba por unh apista forestal na parroquia de Vilachán, no municipio de Tomiño.

Este operativo activouse cinco minutos antes das 12:30 horas tras recibir o 112 Galicia a chamda dun particular que informaba da saída de vía dun vehículo e posterior caída por un terraplén.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros do Baixo Miño, aos membros do GES da Guarda, aos axentes da Guardia Civil e da Policía Local así como aos membros de Protección Civil de Tomiño.

Con todo, os facultativos soamente puideron confirmar o falecemento desta persoa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES