viernes, mayo 17, 2024
InicioComarcasBaixo Miño50 expositores formarán parte do mercado de Nadal en Tui

50 expositores formarán parte do mercado de Nadal en Tui

O mercado de Nadal de Tui reunirá nesta edición do 2023 a un total de 50 expositores ao longo das tres quendas nas que se celebrará dende o 1 de decemebro ata o 5 de xaneiro. As casetas de madeira nas que se ubicarán os postos estarán coidadosamente decoradas converténdose no mellor escaparate para produtos artesáns, gastronómicos, de agasallos ou decoración, entre outros.

Desta maneira, o Concello explica que «desde o 1 de decembro e até o 5 de xaneiro, os expositores rotarán, ofrecendo unha variedade en constante cambio de produtos nas tres quendas establecidas, do 1 ao 12 de decembro, do 13 ao 24 de decembro e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, co que prometen unha experiencia renovada en cada visita».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES