sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoEntrevista: As analíticas da auga dan negativo en lexionela na Guarda

Entrevista: As analíticas da auga dan negativo en lexionela na Guarda

A alcalde da Guarda, Roberto Carrero, informou hoxe en Si Radio da realización de novas analíticas no municipio para seguir buscando o posible foco do brote de lexionela detectado na localidade nas últimas semanas, con 8 casos confirmados na Guarda e 1 no Rosal. Se ben, dos nove casos confirmados son seis os que seguen hospitalizados, un de les na UCI.

Carrero abordou esta situación co rexedor de Caminha, Rui Lages, onde días atrás tamén se detectaron casos de lexionela, e o seu homólogo lle transmitiu que se atopan nunha situación semellante.

O rexedor guardés transmite tranquilidade á veciñanza e lembra que as recomendacións sanitarias de prevención están colgadas na páxina web municipal.

Entrevista a Roberto Carrero, alcalde da Guarda:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES