domingo, abril 14, 2024
InicioNewsSucesosDous varóns de 26 e 55 anos morren nas estradas galegas

Dous varóns de 26 e 55 anos morren nas estradas galegas

Tráxico venres nas estradas galegas. Faleceu pouco antes das 8.00 horas un home de 55 anos na VG-20, no túnel de Bouzas, en Vigo, tras sufrir unha saída de vía tras un adiantamente a outro coche e bater contra a varanda de seguridade. Era o único ocupante do coche.

Antes, arredor das 2.00 horas, un mozo de 26 anos falecía na súa localidade, Tui, na A-55. Levou por diante os elementos delimitadores da estrada e deu varias voltas de campá.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES