sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísO Constitucional suspende parcialmente a lei de costas galega

O Constitucional suspende parcialmente a lei de costas galega

O Tribunal Constitucional admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno de España en funcións contra os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Entre outros, o Constitucional considera que os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da lei de acompañamento limitan a un prazo de 15 anos o prazo de obrigación de restitución de obras ilegais en zona de dominio público marítimo-terrestre e abre a porta á súa regularización tras ese período, o que choca coa lexislación estatal

Nos preceptos recóllese o «exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia para a reposición da legalidade na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre» e a «prescrición da obrigación de restitución ou reposición da legalidade por infraccións reguladas na normativa en materia de costas cometidas» na devandita zona.

Os maxistrados tamén acordaron, a pedimento do Executivo, suspender a aplicación dos preceptos recorridos, desde a data de interposición do recurso (28 de setembro de 2023) para as partes do proceso e desde o día en que apareza publicada a suspensión no Boletín Oficial do Estado (BOE) para os terceiros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES