sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsAcip e PP pactan un goberno de coalición con 20 compromisos de...

Acip e PP pactan un goberno de coalición con 20 compromisos de investimentos

Xa é oficial. Alternativa Ciudadana de Ponteareas e o Partido Popular firman un acordo de coalición para gobernar o municipio de aquí a catro anos. O líder de Acip, Juan Carlos González Carrera e a número un do PP, Nava Castro, compareceron este martes en rolda de prensa para explicar os detalles do pacto.

Alí, González Carrera explicou que se chega agora a este acordo «porque é o que nos demandaban a maioría dos veciños e das veciñas».

Turismo pasa a ser competencia de Acip

Nava Castro continúa como alcaldesa do municipio e haberá cantro tenencias de alcaldía. Dúas para cada grupo. Na xunta de goberno local, o PP terá catro membros e tres, Alternativa Ciudadana de Ponteareas.

En canto as dedicacións exclusivas, haberá tres completas e unha parcial para Partido Popular e unha dedicación completa e tres parciais para Alternativa Ciudadana de Ponteareas.

O Partido popular realiza cesión en competencias como é o caso de turismo. Antes dependía directamente da rexedora e agora pasa a ser de Acip. Tamen será dos de Alternativa vías e obras, mobilidade, seguridade, bombeiros e protección civil así como infraestructuras xerais, saneamento e augas. Tamén deportes e cultura xunto con eventos e festas pasan agora a formar parte das competencias dos concelleiros e concelleiras independentes.

O Partido Popular mantén sanidade e educación

O Partido Popular mantén medio ambiente, urbanismo, emprendemento, benestar social, igualdade , saúde, consumo e colectivos LGTBI así como comercio, ensino e letras nas aulas.Os populares continuarán nas áreas de facenda, réxime interior, proximidade cidadá e recursos humanos xunto con modernización tecnolóxica e comunicación institucional.

A concellería de residuos solidos, urbanos e limpeza viaria e desbroces de parques e xardíns , ademáis de xuventude e volutnariado, continúan en mans dos edís do Partido Popular.

Cómpre lembrar que Alternativa Ciudadana de Ponteareas ten catro concelleiros e o Partido Popular sete concelleiros.

Incógnita do concelleiro Mingos Freitas

Agora, falta por saber as competencais coas que queda o concelleiro independente, Mingos Freitas, que se uniu ao goberno municipal xa no pleno de investidura. A rexedora deu a entender na rolda de prensa que continuará dentro do executivo local.

Compromiso de investimentos

O pacto de goberno inclúe unha serie de compromisos de investimentos como a realización dun orzametno anual que priorice as demandas reais dos veciños e das veciñas, o desenvolvemento do Plan da Lomba, a reclamación e seguimento das obras de seguridade viaria da N-120 e continuar co saneamento, segundo o plan directorio nas parroquias, entre outras cuestións.

Amáis, o obxetivo é construir unha nova residencai da terceira idade, un novo centro de día ou un novo vial de acceso á estrada provincial de Ribadetea e Padróns.

En canto á recuperación da Freixa, Alternativa e Partido Popular coprométense a poñer en marcha o cámping e a recuperación integral do río Tea e de todas as súas praias fluviais xunto coa mellora do sendeiro.

Podes ecoitar a peza dos informativos aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS