jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasO CondadoO goberno de Ponteareas denuncia falta de fondos ata "para pagar a...

O goberno de Ponteareas denuncia falta de fondos ata «para pagar a luz»

O saldo dispoñible cando o goberno do PP chegou ao Concello en xuño de 2023 era de 97.219 euros, segundo denunciou hoxe en rolda de prensa a alcaldesa Nava Castro, que compareceu co seu equipo de goberno para facer balance dos primeiros 100 días no Goberno de Ponteareas. «Para o alumeado estaba recollida unha previsión de 300.000 euros cando se sabe que o gasto necesario para alumeado para todo o ano é de máis de 1,3 millóns de euros, así que teremos que traer a un pleno extraordinario un recoñecemento de crédito» adiantou. O PP non ten maioría absoluta e necesitará apoios da oposición para sacalo adiante «e que non nos corten a luz» apuntou a alcaldesa.

Entre outros detalles que descubriu o seu equipo o chegar ao Goberno, Nava Castro informou da necesidade que tivo o concello de solicitar unha adenda á Xunta para poder fronte as festas de setembro, para o que o bipartito non deixara ningunha previsión, nin de programación, nin de financiación.

Por outra banda, Nava Castro salientou do seu Goberno a decisión de ter as portas abertas do concello á cidadanía. «Hai asuntos que se poden solucionar en 2 minutos sen necesidade de cita previa» puntualizou a alcaldesa, Nava Castro, quen asegura que «non vai haber portas pechadas e vaise atender a toda persoa que o necesite». A alcaldesa afirma que «en xuño e xullo recibimos a máis de 20 persoas e colectivos sen cita previa cada mes».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES