jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasO CondadoFamilias do CEIP Fermín Bouza Brey esixen comedor para conciliar

Familias do CEIP Fermín Bouza Brey esixen comedor para conciliar

Pais e nais de estudantes do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas atopáronse desde o inicio de curso con falta de prazas de comedor.

O servizo de comedor conta con 65 prazas para case 100 solicitudes, polo que moitas familias quedan sen servizo.

Hai pais que están levando aos nenos aos seus traballos cun tupper de comida ou mesmo barallan deixalos sós en casa unhas horas con 9 anos de idade.

«A administración segue sen darnos unha solución para os nosos nenos e nenas, e as familias están desesperadas porque non teñen o servizo que se lles ofreceu no momento de formalizar a matrícula. Con tal motivo decidimos empezar a facer concentracións diante do centro escolar para insistir en atopar unha solución de forma áxil» explica a presidenta da Anpa Xiada.

O Concello de Ponteareas, segundo explica o edil de Cultura, Ricardo González, reuniuse coa Fanpo e aseguroulles que terán comedor en outubro tras as xestións do goberno local coa Xunta. Mentres, ofrécelles usar a aula matinal do colexio con coidados dun monitor para que os seus fillos coman o tupper que leven coa comida da casa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES