sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísAutorizada a caza "sen límite" de xabarís

Autorizada a caza «sen límite» de xabarís

Cazar xabarís en Galicia estará permitido desde este sábado e ata o 25 de febreiro. A Xunta declarará este venres a emerxencia cinexética coa súa publicación no DOG, e entrará en vigor este sábado, para poder cazar «sen límite» xabarís nun total de 248 municipios, un 80 % dos concellos e da superficie da comunidade galega.

Este instrumento excepcional pódese tomar ante o perigo para a gandería e agricultura, ademais de polo risco de provocar accidentes de tráfico, complementario á caza regulada para facer accións de control por danos. Poderán capturarse ou abaterse exemplares de ambos os sexos e amplíanse os períodos de caza.

Os concellos con caza sen límite de xabarís agrúpanse en 37 comarcas: 12 na provincia da Coruña (75 municipios), 11 en Ourense (87 municipios), 9 en Lugo (54 municipios) e cinco en Pontevedra (32 municipios).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS