jueves, mayo 9, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda participa o 17 de setembro no proxecto Libera de limpeza...

A Guarda participa o 17 de setembro no proxecto Libera de limpeza de praias

- O domingo 17 de setembro realizarase unha limpeza de praias dende O Puntal ata o Codesal ás 11:00h

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, participa un ano máis no proxecto “Libera, unidos contra la basuraleza”, que consistirá nunha limpeza de praias na zona da desembocadura do Río Miño, un proxecto no que tamén colaboran SEOBirdLife e Ecoembes.

O punto de encontro asignado será o Parque do Puntal en Camposancos, onde se repartirá o material preciso(luvas, bolsas…) para realizar a limpeza e se realizará unha pequena charla explicando como será a actividade, que se desenrolará dende O Puntal ata a zona do Codesal, pasando polas praias do Muíño, a Lamiña, a Armona e O Codesal.

A duración aproximada da actividade é de 2 horas, abrindo a participación a todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.

Dende o Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nesta actividade, a limpeza e mantemento do noso entorno é cousa de tod@s.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES