sábado, abril 27, 2024
InicioNewsBaiona concienciase na prevención do suicidio

Baiona concienciase na prevención do suicidio

- Éxito de participación nas actividades organizadas polo Concello de Baiona con motivo do Día Mundial da Prevención do Suicidio

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, a Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e varios concelleiros do equipo de goberno participaron esta mañá xunto cos veciños e veciñas na camiñada e o obradoiro que dende o Concello se organizou con motivo do Día Mundial da Prevención do Suicidio co obxectivo de contribuír a deter esta lacra e concienciar á sociedade baionesa.

A Concellería de Política Social en colaboración coa Concellería de Deportes e Turismo estiveron a traballar nun proxecto transversal que tivo como resultado unha única actividade na que se conxuga: exercicio físico; o coñecemento e a forma de actuar ante o problema; e a sociabilidade e o disfrute do lecer de forma conxunta.

A xornada comezou ás 10:00h cunha camiñada polo Casco Vello. O punto de partida foi a porta do Concello e as persoas participantes foron acompañadas por un guía. Ás 11:00h A Casa da Navegación acolleu un taller de prevención do suicidio baixo o título «Mitos sobre o Suicidio: Factores de Protección (habilidades sociais, autoestima…) recursos dispoñibles».

A Asociación de Saúde Mental Avelaíña e os seus usuarios da sede de Baiona tamén participaron activamente nas actividades.

Dende a Xunta de Galicia tamén quixeron apoiar esta iniciativa coa presenza da Delegada da Xunta de Galicia en Vigo.

«Debemos concienciar á cidadanía da importancia de combater esta lacra silenciosa. Todos podemos axudar se coñecemos mellor como actuar. Estamos nun momento social crítico, persoas de todas as idades con problemas de saúde mental ou enfermidades que finalmente están acompañadas de problemáticas deste tipo. Os servizos sociais están estigmatizados e as persoas que os utilizan e achéganse a estes servizos, fano como último recurso. Os obxectivos que se pretenden conseguir con este proxecto son: Traballar de forma transversal a problemática da saúde mental; Visibilizar os servizos sociais dende a prevención; e Mellorar a saúde mental mediante o exercicio físico, sociabilidade e o lecer. Sumado a isto, tamén se pretende achegar á cidadanía aos servizos mediante a explicación dos recursos que teñen á súa disposición», destacou o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.

O Día 10 de Setembro é o Día Mundial de Prevención do Suicidio e dende o Concello de Baiona quixeron aproveitar esta data para dar comezo a este proxecto que achega a saúde mental aos veciños e veciñas. Trátase da primeira acción deste proxecto que ao longo destes meses irá dando visibilidade a diferentes dolencias mentais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES