sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsA Garda Civil investiga a tres menores por un delito de danos...

A Garda Civil investiga a tres menores por un delito de danos en O Grove

- A Garda Civil investiga a tres menores con domicilio en Madrid por un delito de danos mediante pequenas queimas de masa forestal e nunha balaustrada de madeira na Illa da Toxa (O Grove)

A investigación iníciase a raíz da denuncia presentada polo Técnico de Medio Ambiente do Concello de O Grove, na que relata a comisión de danos mediante pequenas queimas na masa vexetal e unha balaustrada de madeira situada na Illa da Toxa (O Grove).

Os feitos ocorreron os días 15, 16 e 18 de agosto, e provocaron o traslado dos medios de extinción de lumes á zona, que os extinguiron de inmediato.

Destacar que houbo grave risco de lume forestal e terribles consecuencias que poderían ter tido na illa, tanto medioambientais como para as persoas xa que podía arder todo o monte central da illa. Aporta tamén unha captura dunha rede social, na que se ven a dous mozos na pasarela facendo unha fogueira e ríndose da súa aventura.

O Posto da Garda Civil de O Grove, en colaboración coa patrulla do Seprona de Vilagarcía inician unha investigación, por un delito de danos por lume e identifican a tres menores.

As dilixencias remítese á Fiscalía de menores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS