martes, octubre 3, 2023
Google search engine
InicioNewsCovelo adxudica as obras de pavimentación de camiños municipais en Barcia de...

Covelo adxudica as obras de pavimentación de camiños municipais en Barcia de Mera e Paraños

- Executaranse obras de limpeza, ensanche e asfaltado por valor de preto de cen mil euros

O Concello de Covelo informa que vén de adxudicar as obras de pavimentación de camiños municipais nas parroquias de Barcia de Mera e Paraños. Co obxecto de mellorar a calidade de vida da veciñanza e apoiar o traballo dos negocios locais executaranse obras na pista entre Mera e o albergue Alentea e no camiño Cotarel-As Medelas cun custo de 93.990€.

No marco do Plan de Melloras de Camiños Municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) realizaranse obras de limpeza, ensanche e asfaltado, entre outros traballos que mellorarán as actuais condicións de tránsito na pista das Veigas e Camiño das Rochas no lugar de Mera, que da servizo tamén ao albergue Alentea, e no camiño As Searas de Cotarel a Medelas, na parroquia de Paraños.

Na actualidade, ámbolos dous camiños presentan moitos baches e zona de rodadura en formigón ou terra, inexistencia de cunetas en moitos tramos e pasos estreitos que dificultan o tránsito dos vehículos.

O Concello informa que para a execución dos traballos realizaranse traballos de excavación, desmontaxe de peches e muros para o ensanche da vía, limpeza e apertura de cunetas para a mellora da drenaxe, limpeza de caños e arquetas obstruídas, instalación de tubaxes e arquetas novas así como salvacunetas para canalizar as augas, colocación de muros de perpiaño de pedra granítica e pavimentación ademais de mellorar a seguridade viaria co pintado de marcas viais e colocación de sinalización de stop onde proceda.

ARTIGOS RELACIONADOS
- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES