viernes, septiembre 22, 2023
Google search engine
InicioNewsComarcasOs terreos da nave Aceros del Tea, un paso máis cerca da...

Os terreos da nave Aceros del Tea, un paso máis cerca da titularidade municipal

- O proxecto de equidistribución dos terreos da nave de Aceros del Tea foi publicado no BOPPO esta semana

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou esta semana o proxecto de equidistribución do Polígono Único da área de reparto AR-10 do PXOM de Ponteareas, é dicir, dos terreos que corresponden á nave de Aceros del Tea.

Esta publicación é un paso xigantesco no avance da obra de rehabilitación xa que sen a titularidade dos terreos non se poderían comezar os traballos recollidos na licitación, da cal remata o prazo de presentación o 29 de agosto.

O actual goberno atopou este proxecto (que se iniciou no ano 2016 no mandato do bipartito) totalmente atascado e sen unha liña direccional clara. A obra, que conta co financiamento de fondos europeos EDUSI, estaba paralizada e dende o goberno garanten que “esta tarefa é a nosa prioridade en materia de Urbanismo, hai moito diñeiro en xogo que non podemos deixar perder pola inacción doutros” explica a alcaldesa, Nava Castro

“Todos os folgos deste equipo de goberno estarán postos na rehabilitación desta nave, para ofrecer aos habitantes de Ponteareas o espazo que tanto tempo levan requirindo” sinala Silvia Fernández, concelleira de Urbanismo.

Unha vez remate o prazo de exposición pública e os terreos pasen a ser titularidade municipal e tamén se resolva a adxudicación da licitación poderase dar comezo ao inicio das obras.

“Imos contra reloxo, pero garantimos que axilizaremos ao máximo os prazos para conseguir financiar a maior parte do proxecto” aseguran dende o Concello.

ARTIGOS RELACIONADOS
- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES