sábado, julio 27, 2024
InicioNewsComarcasO 2 de setembro celébrase a 6a Concentración de Clásicos de Fiolledo

O 2 de setembro celébrase a 6a Concentración de Clásicos de Fiolledo

A primeira fin de semana de setembro a Asociación Cultural Club de Clásicos Fiolledo Condado Paradanta organiza a sexta edición da Concentración de coches clásicos e ruta “Clásicos Fiolledo” en Salvaterra de Miño.


A xornada dará comezo ás 09:00 da mañá coa recepción de coches no Parque da Canuda e ás 10:00 sairán os coches cara a ruta que parará para comer no Restaurante Castelo e que despois seguirá o seu percorrido ata o Campo de Fútbol de Corzáns onde haberá diferentes actividades, comida, música e sorteos.


O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de agosto e os interesad@s poderán anotarse no teléfono 678 261 882 ou no correo clasicosfiolledooficial@gmail.com

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES