sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO PSOE da Guarda critica que o alcalde perciba soldo da Deputación...

O PSOE da Guarda critica que o alcalde perciba soldo da Deputación en detrimento do compromiso local

«O Sr. Carrero non vai a cobrar un soldo do concello da Guarda, non porque non queira gastar das arcas municipais, senón porque a retribución que recibirá da Deputación de Pontevedra é case 10.000€ maior que a que inicialmente cobraría na Guarda. A maiores poderá recibir indemnizacións monetarias por asistir a comisións e plenos, contía que anualmente pode rondar os 6.000€».


«No pleno organizativo do concello da Guarda, celebrado o pasado mes de xullo, se presentara unha proposta inicial de retribución anual bruta de 45.000€ para o alcalde pola adicación parcial ao concello da Guarda, que era do 80% da xornada laboral (adicación mínima polas altas responsabilidades). Esta proposta foi retirada antes do pleno, para ser
substituída por outra na que aparecía o nome dun novo concelleiro, concretamente o de Celso Fariñas, que pasaría a estar no equipo de goberno como 2o Tenente-Alcalde e cobrar 33.000€ anuais», manifestan dende o PSOE da Guarda.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES