lunes, abril 29, 2024
InicioNewsNigrán recibira en praia América o Gran Circo Rody Aragón, que pretende...

Nigrán recibira en praia América o Gran Circo Rody Aragón, que pretende recuperar a maxia de ‘Los Payasos de la tele’

- O famoso pallaso é o protagonista dun show de 2 horas polo que desfilan equilibristas, malabaristas, acróbatas aéreos... Todos cunha misión: preservar o legado que cautivou a xeracións baixo o encanto dunha carpa

A maxia que desprendían os archifamosos ‘Payasos de la tele’ encandeará ata o 3 de setembro Praia América co espectáculo circense ‘Vuelve a Soñar!!!’. O artífice desta milagre que atrapa a máis de tres xeracións de toda España e Sudamérica ven de mans dun dos benxamíns da estirpe Aragón: Rody, fillo de Fofó e sobriño de Miliki, e é posible que estea en Nigrán grazas á Comisión de Festas de Lourido xunto á colaboración do Concello. El é o protagonista dun divertidísimo show de 2 horas polo que desfilan en total unha ducia de equilibristas, malabaristas, acróbatas aéreos… Todos cunha misión: preservar o legado humorístico que magnetiza a millóns de persoas baixo o encanto dunha moderna carpa de Evolution Circus na que traballan 40 técnicos e con capacidade para 750 espectadores. As entradas para as funcións, todas as 20:30 horas, poden adquirirse virtualmente a través de Ataquilla ou no propio circo instalado no campo de fútbol de Lourido desde unha hora antes.

Alcalde e concelleiros visitaron esta mañá a Rody Aragón no propio circo para entregarlle un agasallo institucional e transmitirlle o seu agradecemento por ter elixido o Concello de Nigrán como parte fundamental da súa xira de estrea do espectáculo en Galicia. «Lo que pretendemos es recuperar la magia de ‘Los Payasos de la tele’ y seguir divirtiendo a los niños y también a sus padres y abuelos», explicoulles Rody, quen sinalou a especial emotividade de ‘Vuelve a soñar!!!’, porque xorde xusto 50 anos despois de que ‘Los payasos de la tele’ debutasen en España como tal o 19 de xullo de 1973 (27 anos antes o fixeron en Sudamérica) e cando se cumprirían 100 anos do nacemento do seu pai, Alfonso Aragón ‘Fofó’.

«Quen non se emociona ao escoitar baixo esta carpa ‘Como están ustedes? ou ‘Hola don Pepito!’ saíndo da boca de Rody Aragón?», pregúntase o alcalde de Nigrán, Juan González, quen destaca precisamente como, pese ao paso do tempo, o legado da prolífica saga Aragón segue gravado na memoria colectiva dos españois grazas a que pais e avós o manteñen vivo para os seus fillos e netos.

«Aunque suene a tópico es totalmente cierto que las risas de los niños reconfortan muchísimo. Nosotros conseguimos que en cada espectáculo el público al completo se levante al final a aplaudirnos porque no damos ni una tregua a la distracción, los niños se quedan atrapados, y esas es la mejor prueba de que funciona maravillosamente porque los niños no tienen filtro, ellos no fingirían si se aburriesen aunque solo fuera un segundo», comenta Rody, quen ademais de rescatar para este espectáculo as frases, ‘gags’ ou música máis senlleiros de ‘Los payasos de la tele’, recorre na segunda parte da función ao armario do pai para aparecer coa súa característica indumentaria.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES