domingo, abril 28, 2024
InicioOcio e deporteGastronomíaA Cañiza consegue fornear un bocadillo de xamón xigante

A Cañiza consegue fornear un bocadillo de xamón xigante

- Na tarde noite do domingo, A Cañiza conseguiu fornear unha barra de pan rústica de 19,5m. de lonxitude e lonchearon un xamón nun só lisco de 23m. que foi a parar ao bocata xigante, que repartiron en torno ás 21h entre todo o público

Segundo comunicou esta mañá o Alcalde Luis Piña “ conseguimos fabricar unha soa peza de pan de 19,5m  de lonxitude, ademáis de cortar a coitelo un só xamón nun lisco enteiro de 23 metros”.

Nunha exitosa xornada na que ademáis estreamos un novo forno de pan. Unha orixinal estrutura única, de 6 metros de longo polo que transita o pan.

Os 19,5 m. de bocadillo tiveron un tránsito total de 3 horas permanecendo a peza dentro dos 6 metros do forno, unha media de entre 35´ e 40´ minutos.

O resultado foi un saboroso bocata de pan rústico enriquecido co xamón da Cañiza.

Ademáis fornearon unha rosca doce xigante que repartimos gratuitamente entre todos os asistentes.

Tamén a partires das 6 da tarde os máis pequenos comezaron a desfrutar do obradoiro de pan na que nenas e nenos, ataviados cos seus mandís e gorras de cociñeiro, agasallos do Concello, puideron fabrican pan, baixo a supervisión dos maiores, dando forma ás pezas máis orixinais.

O Alcalde agradeceu e felicitou aos profesionais, empresarios e traballadores do Concello polo grande traballo desenvolvido neste domingo, que fixeron posible que esta xornada fora un novo éxito para A Cañiza. Grazas a todos polo voso compromiso e grande dedicación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES