domingo, mayo 12, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño adxudica obras de mellora en varias parroquias por máis de260.000...

O Porriño adxudica obras de mellora en varias parroquias por máis de260.000 euros

- Trátase de obras de saneamento e mellora do pavimento nas parroquias de Mosende, Atios, Pontellas, Budiño, Cans e Chenlo

O Concello do Porriño adxudicará nos próximos días varias obras de mellora do pavimento e extensión da rede de saneamento en varias parroquias do termo municipal. A inversión total das obras licitadas supera ascende a 262.000 euros, que beneficiarán ás parroquias de Mosende, Pontellas, Atios, Budiño, Chenlo e Cans.

“As mellora dos viais e a extensión da rede de saneamento son obxectivos prioritarios e seguimos traballando para avanzar e chegar a todas as parroquias e lugares do municipio”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “Sei que hai moitas necesidades e o meu compromiso é dar solución a todas elas”.

A primeira destas obras é a ampliación da rede de saneamento en Mosende e Atios, unha obra subvencionada polo Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra que conta cun orzamento 70.221 euros. O proxecto abrangue dous tramos emprazados na EP-2041, conectando á rede de saneamento existente, o que permitirá nunha próxima fase dar conexión ao barrio do Torrón en Pontellas. Inclúe tamén e un terceiro tramo, en camiños de titularidade municipal na parroquia de Atios.

A piques de adxudicar está tamén a pavimentación proxectada noutras tres zonas, a explanada destinada a aparcamento da Igrexa de San Salvador de Budiño, un vial situado no núcleo de As Cales e outro en Parada, en Chenlo. No caso do lugar de Parada, acometerase tamén a extensión dun tramo de 150 m de saneamento. Estas tres obras contan cun orzamento de 89.667 euros.

Por último, xa conseguidos os permisos de Fomento, adxudicarase a mellora do saneamento de fecais na Droza, en Cans, e a rehabilitación integral do pavimento no Covelo, en Atios,. Os traballos contan cun orzamento de 102.073 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES