sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Concello de Nigrán promovera a Festa dos Ovos con Chourizo como...

O Concello de Nigrán promovera a Festa dos Ovos con Chourizo como de «Interese Gastronómico Galego»

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Deportivo ‘Bolos da Carrasca’ para organizar a súa ‘XXVIII Semana Cultural’ que arranca hoxe e que ten o seu día grande o venres 11 de agosto coa undécima festa dos ovos con chourizo, evento gastronómico que o goberno local promoverá para que obteña o distintivo de ‘Interese gastronómico galego'». Ese día, a partir das 21:30 horas, unha trintena de persoas da entidade estarán a traballar para poder ofrecer 1.500 racións nunha praza da Carrasca totalmente preparada para a ocasión e cuberta por paraugas de cores grazas á colaboración de Juan Alves e o Queimada.

«A festa dos ovos con chourizo é a única festa gastronómica de Nigrán que se mantivo no tempo grazas precisamente a unha entidade cultural e gañando cada vez máis público ata ser unha das máis populares da comarca, polo que consideramos que merece ser declarada de ‘Interese Gastronómico Galego’, unha distinción que podería obter a partir de cumprir os 15 anos», explica o alcalde, Juan González, quen avanza que desde o Concello xa se está a traballar nese sentido.

A semana cultural arranca hoxe a partir das 21:30 horas co concerto das corais ‘Son dos cantares de Mos’, ‘Polifónica Lira de San Miguel de Oia’ e ‘Ecos do Castelo’. O mércores, o Concello ofrece polo Día da Xuventude a actuación do grupo San Rockers ás 21:30 horas. Xa o xoves, ‘Día do Neno’, a partir das 17:30 horas, o Concello achega o espectáculo do Mago Charlie Braun ao que se lle sumarán hinchables e festa da escuma. Finalmente, o venres será a festa dos ‘Ovos con Chourizo’ coa actuación do grupo ‘Os Alegreso do Val Miñor’, tamén aportación do Concello.

«Desde o Concello transmitimos os nosos parabéns ao Centro Cultural A Carrasca polo seu traballo incansable durante todo o ano que contribúe a dinamizar a vida cultural e social da parroquia», explica González, quen incide en que o goberno local ven de aprobar unha subvención directa de 30.000 € para facer accesible a súa sede, que dispón do auditorio no terceiro andar ao que, a día de hoxe, só se pode chegar por escaleiras.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES