lunes, mayo 6, 2024
InicioOcio e deporteGastronomíaAllariz acollerá a Festa da Empanada do 18 ao 20 de Agosto

Allariz acollerá a Festa da Empanada do 18 ao 20 de Agosto

- Nesta mañá foi presentada nos xardíns do Museo do Coiro unha nova edición da Festa da Empanada que se desenvolverá en Allariz entre os días 18, 19 e 20 de agosto

Cristina Cid Alcaldesa de Allariz, Alberto Conde Concelleiro de Cultura, Carlos Puga Concelleiro de Deportes e María López Concelleira de Turismo, contaronnos que este ano o programa comeza co Campionato de Billarda. O venres pola mañá será a quenda da Billarda Infantil a partir das 11:00h e pola tarde a final da Billarda Senior que comezará ás 19:00h. A billarda é un xogo tradicional do que nunca se perdeu a tradición en Allariz e que segue captando adeptos ano tras ano entre as xeracións máis novas.

O día 19 de agosto comeza coa XXXI edición do Triatlón Vila de Allariz a partir das 18:00h na Alameda. 150 deportistas federados competirán na proba alaricana que neste ano cumpre 31 edicións . O prato forte da festa chegará esa mesma tarde noite a partir das 21:00h, coas Xornadas gastronómicas de degustación de empanada nos Xardíns do Museo do Coiro.

A música para amenizar as xornadas comezará ás 22:00 co concerto de Catuxa Salom e ás 00:00h cos Monolious DOP.

O domingo día 20 pola mañá pasacalles a cargo da Banda Unión Musical de Allariz. A mesma hora dará comezo a XXXIII Regata de Piragüismo, liga provincial- Copa Deputación dende o embarcadoiro da Alameda.

Ás 12:00h será a quenda do tradicional desfile de xigantes e cabezudos acompañados do grupo de gaitas De Pé Feito cun percorrido dende a Praza de Abastos ata o Campo de Vilanova.

Dende as 11:30h será a Festa Campestre tamén no Campo de Vilanova con entrada gratuíta onde haberá polbo e churrasco.

A Banda Unión Musical de Allariz volverá a animar a festa no Campo de Vilanova a partir das 13:00h.

Xa pola tarde ás 18:00h sera a presentación do C.D Allariz cun partido contra o Verín C.F no campo do Seixo. A partir das 19:30h voltará a música da man de A Banda da Loba no Campo de Vilanova e pouco despois Baile popular ás 21:00h nos Xardíns do Museo do Coiro coa

Orquestra Trebol. Para rematar esta gran festa esta mesma orquestra ás 00:00 amenizará a noite nunha verbena que pechará os festexos.

Música, deporte e gastronomía da man nunha fin de semana na que nos locais de hostelería, pastelerías e panaderías haberá venda de empanadas. Unha chea de actividades para desfrutar desta fin de semana de festa en Allariz.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES