miércoles, julio 17, 2024
InicioOcio e deporteGastronomíaArbo prepárase para render homenaxe á lamprea na Festa da Lamprea Seca

Arbo prepárase para render homenaxe á lamprea na Festa da Lamprea Seca

- Con 28 edicións, a Festa da Lamprea Seca é un dos principais eventos dos que se celebran na provincia de Pontevedra e está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia

En Arbo, a protagonista segue sendo a lamprea, un verdadeiro manxar á que rendemos culto tamén no mes de agosto (11, 12 e 13).

Arbo, é un remanso de paz no que a combinación de paisaxe natural, gastronomía, tradición, patrimonio e sendeiros exerce unha influencia fascinadora sobre os visitantes.

Este ano, a Festa da Lamprea Seca celebrará a súa XXVIII edición os días 11, 12 e 13 de agosto durante as tres xornadas festivas de exaltación da nosa afamada lamprea na chamada «Festa da Lamprea do verán» na xa tradicional «Carballeira de Turbela».

É a consecuencia da repercusión e a demanda do visitante, ávido de seguir desfrutando dunha exquisitez única que cada vez desestacionaliza máis o seu consumo ao ir coñecendo o público asistente outras deliciosas receitas coas que os cociñeiros e cociñeiras de Arbo son capaces de preparar este exclusivo manxar do Miño fóra da tempada de pesca.

Ademais, como ben sabeis, Arbo é considerada como a capital mundial da lamprea. Como se adoita dicir, non sabe igual se se saborea en Arbo como se se elabora noutro punto da xeografía española ou do mundo.

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estas outras formas de preparar a lamprea fóra da tempada, que permiten, deste xeito, degustala durante todo o ano.

Durante os tres días, tamén teremos postos de artesanía e comida e visitas guiadas ao Museo Arabo. Segundo manifesta o alcalde Horacio Gil, que ademais é o responsable do Área de Turismo e promoción do concello de Arbo, «desde o Concello seguimos na mesma liña de promocionar e poñer en valor o noso Turismo único, a lamprea, os viños das nosas Adegas con D.O. Rías Baixas, a gastronomía, o enoturismo, o patrimonio, o paisaxe, a natureza, o deporte de aventura, as pesqueiras, os sendeiros…».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES