lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Festival de Músicos Xoves e o Encontro de Corais serán os...

O Festival de Músicos Xoves e o Encontro de Corais serán os protagonistas desta fin de semana no Rosal

- Tres bandas de música e tres corais procedentes de diferentes puntos de Galicia danse cita nestes dous concertos

O Festival de Músicos Xoves chega á súa edición número 32, e faino xuntando na
Praza do Calvario, este sábado a partir das 20.30 horas, a tres bandas de música de
enorme calidade: a Banda Escola de Música de Rianxo, a Banda de Música de
Vilatuxe e a Agrupación Musical do Rosal.


Pola súa banda, o XXXII Encontro de Corais celebrarase este domingo , 6 de
agosto, na Igrexa de Santa Mariña ás 20 horas, e nel participarán a Coral Polifónica
de Tomiño, a Coral S. Martín de Meirás, de Sada, e mais o Coro Agrupación Musical
do Rosal.


Ambas actividades, abertas ao público e de balde, realízanse no marco do IV Rosal
Cámara Fest, que se celebra desde o 20 de xullo e ata o 8 de agosto. O concerto
de peche será o próximo martes con Camerata Arven na Igrexa de Santa Mariña.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES