lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA campaña GALICIA SABE AMAR regresa o Concello da Guarda

A campaña GALICIA SABE AMAR regresa o Concello da Guarda

- Venres 4 e sábado 5 de maio durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre ás 18:00 a 21:00h

Despois da primeira visita na primavera, a furgoneta da Campaña GALICIA SABE AMAR
repite no noso concello e veciños e visitantes poderán degustar os petiscos elaborados con
produtos certificados galegos destacando así a gran variedade e calidade dos mesmos.
Ademais de por en valor o traballo dos nosos profesionais do mar e da terra.


Esta segunda visita será os días venres 4 e sábado 5 de maio e a furgoneta estará instalada na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) ofrecendo os petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre ás 18:00 a 21:00h.


GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta para animar á cidadanía a consumir produtos do mar a través de petiscos mesturados coa retranca galega e os dobres sentidos. Esta iniciativa conta con 4 furgonetas que están a percorrer 260 municipios de España
vencellados ao Camiño de Santiago.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS