domingo, mayo 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoVisitas guiadas polo patrimonio de Tui neste mes de agosto

Visitas guiadas polo patrimonio de Tui neste mes de agosto

- Están organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui

A próxima semana proseguen as visitas do programa “Coñece o noso patrimonio”
organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería
de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.


O obxectivo desta actividade é realizar un achegamento a diversos espazos
patrimoniais da man persoas especialista en distintas ámbitos e pertencentes ao
Instituto de Estudos Tudenses.


A primeira das propostas tivo lugar, o pasado xoves, 27 de xullo, con cunha gran
acollida xa que preto de noventa persoas coñeceron da man de Patxi Pérez
Ramallo a investigación realizada na necrópole de San Bartolomeu.


A próxima cita será o mércores, 9 de agosto, ás 20.30 h cunha visita guiada polo
historiador tudenses José Ramón Fernández Fernández titulada “Igrexa de San
Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco”. Comezará no adro da
igrexa de San Domingos.


O luns 14, ás 20.30 h, no lavadoiro de Riomuíños comezará o percorrido guiado
polo historiador tudenses Suso Vila sobre “O barrio histórico de Riomuíños”.


O martes 22 ás 20 h na praza de San Fernando terá lugar a visita “A Catedral de
Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”, a cargo
da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón
Fernández.


O programa pecharase o venres, 25 de agosto, ás 20 h na praza de San Fernando
co arqueólogo Juan José Perles Fontao coa visita “As murallas de Tui”.


O aforo das visitas está limitado, polo que é preciso inscrición previa enviando un
correo a biblioteca@tui.gal co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso
enviar unha mensaxe por cada ruta na que a persoa se desexe inscribir indicando
no asunto o día da ruta elixida.

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, indica que o éxito da
conferencia e visita do pasado xoves sobre as intervencións arqueolóxicas en San
Bartolomeu de Rebordáns, con máis de noventa participantes que desbordou as
expectativas do Instituto de Estudios Tudenses e o Concello de Tui, evidencia o
acerto desta iniciativa de achegamento aos nosos bens patrimoniais a cargo de
destacados especialistas do Instituto de Estudios Tudenses.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES